Saltar ao contido
Atención
As inscricións para os Campionatos Xunta de Galicia en Pista péchanse cunha antelación de dúas semanas
Arquivo

Fantástico balance de 11 medallas para os veteranos nos nacionáis de Logroño

Durante a pasada fin de semana acontecería en Logrono o
Campionato de España de veteranos de Probas Combinadas, Pentathlon Lanzamentos e 10.000 m. e na que por espacio dos dias 13 e 14 de maio verían desfilar entre os seus 154
participantes achegados de toda a xeografía nacional a un total de 12 atletas galegos.

Comezando polo Campionato de España de 10.000 m. o máis salientable da súa participación sería o título nacional de Manuel Rosales na M-80 con 49.29.53 (RC) e de
Soledad Castro do Comesaña S.C. na W-50 con 40.47.54

No Nacional de combinadas masculinas os atletas de A Silva José Domínguez Caballero na M-45 con 5597 puntos e José Manuel Gonta na M-50 con
5337 p. acadarían sendas primeiras posicións.

Xa na categoria feminina dúas medallas da man de María Teresa Janeiro do Cuntis na F-35 quen gañaría o ouro con 2812 p., sendo a prata na F-40 para Lucía Doval
de A Silva con 3145 puntos.

Pola súa banda no Campionato de España de Pentathlon de lanzamentos, resultarían campións de España os atletas Carlos Ferrer do Atletismo Narón na M-55 con 3281
puntos; José Manuel Almudí do ADAS-Proinor na M-75 con 2933 puntos e Ana María Abuín de A Silva na F-55 con 2567 p. O resto de metales quedarían repartidos entre
a prata de Manuel Rodríguez do R.C.Celta na M-65 con 2935 puntos, e o bronce de María de los Angeles Rodríguez de A Silva na F-55 con 2253 puntos. Para
rematar, sexta posición para José Fraga de A Silva na categoría M-55

Ligazón

noticias
Compartir